martes, 28 de maio de 2019

FILOSOFÍA NA AULA

Este mes traballamos a filosofía na aula a través dun cadro de Francisco de Goya "Muchachos trepando a un árbol" pintado en 1791.

O diálogo é a ferramenta para a comunicación e participación, ao mesmo tempo que se exercita a escoita, a empatía e a valoración do outro. En filosofía o profesor fai preguntas abertas e, a través desta obra que iamos descubrindo por partes, se comentaba, opinaban, reflexionaban sobre o que vían, que facían os personaxes da imaxe ou que poderían sentir... Ao remate da primeira sesión o alumnado completaba unha imaxe con parte do cadro descuberto, e aquí temos algunha mostra:













Filosofando, filosofando, chegamos a falar da cooperación, que era o valor que se quería traballar e pasamos ás habilidades de razoamento con preguntas como:
  • Para cooperar que necesitamos?
  • Se non se axudan que podería pasar?
E a continuación, en grupos de tres tiveron que inventar unha historia tendo como base o cadro de Goya.








A última sesión consistiu en avaliar dunha maneira distinta ao habitual: Pensar con cal das tres imaxes nos sentiamos máis identificados e xustificar a resposta.


venres, 24 de maio de 2019

SAÍDA Á ESCOLA DE HOSTALARÍA NO IES FRAGA DO EUME

Unha mañá superdivertida onde traballamos os conceptos aprendidos na clase: A elaboración de masa para chegar a ser unha pizza deliciosa!!! Uuuummm!
Moitísimas grazas aos profes e alumnos/as do IES FRAGA DO EUME por estar con nós amasando e explicándonos todo o proceso de elaboración e polas mesas que nos tiñades preparadas para despois degustar a pizza e unha bebida que nos gustou moito!!

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA!!

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA é o obradoiro que realizamos os nenos de 3º que forma parte do Plan Proxecta: Aliméntate ben.
Ter unha dieta rica e equilibrada é fundamental para creer. Levar unha alimentación adecuada, completa e variada dá a enerxía necesaria para facer o que che gusta durante todo o día.
Neste obradoiro aprendimos que os nosos bocadillos poden ser moi diferentes se xunto cunha gran variedade de alimentos vexetais, lácteos, .. tamén incluímos especies mariñas en conserva (mexillón, caballa, atún, ...)
Tamén nos regalaron unhas gorras, un chaveiro e un folleto, onde podemos ver os 10 bocadillos máis enerxéticos e ata  se fixo unha gravación cun casco con cámara, que foi moi divertido e vimos como é unha batea por debaixo.



FIN DE CURSO E DUN CICLO