mércores, 23 de decembro de 2020

ACTUACIÓN DE NADAL E RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 Noraboa rapaces e rapazas por todo o esforzo este trimestre. Aquí tedes a coreografía da Panxoliña dos ratos que con moita ilusión preparamos. Queda pendente o baile de 1ºA.

Moitas apertas e desexamos que descansedes e vos divirtades nestas merecidas vacacións de Nadal! Esperamos comezar o novo ano con ilusión e esperanza.



Dende a biblioteca fannos esta recomendación lectora. Botádelle un ollo a este enlace!



Un saúdo das titoras e felices festas!






martes, 15 de setembro de 2020

Benvidos ao blog de 1º

 


Estimadas familias:

As titoras de 1º, Esther e Ana, queremos darvos a benvida e desexarvos que sexa un gran curso, a pesar de que as circunstancias oblígannos a realizar moitos cambios nas rutinas diarias pero estamos convencidas  que se desenvolverá da maneira máis proveitosa posible.

Debido a que o noso sistema de mensaxería todavía non está operativo para as titorías utilizaremos este blog para as primeiras informacións sobre o material a traer estes días. Calquera dúbida escribide ao correo escolaferrado@gmail.com

O horario do curso xa llo entregamos aos nenos e nenas o primeiro día e traerán os libros ou material da materia que lle corresponda.

Co libro de matemáticas ven un caderno con moedas  que de momento non é necesario traer. Máis adiante o pediremos.

O libro de lingua castelá traerase o día que toque.

Por último, temos o libro globalizado que inclúe lingua galega, ciencias da natureza e ciencias sociais.

Todos os días deben traer na mochila a axenda, unha carpeta de gomas e os libriños de “Leo ben” e “Escribo ben”. Deixamos para máis adiante o caderno de dobre pauta que se pediu.

A continuación pasamos a detallar o material dos especialistas:

Inglés: Traerán o libro e caderno dentro dunha carpeta.

Francés: Unha carpeta cun caderno.

Música: Traerán unha carpeta para gardar as fichas da materia.

E.F. Traerán un neceser con toallitas e unha camiseta de reposto por se súan moito.

Relixión: unha carpeta cun caderno dentro.

Poden ir traendo o material que quedará na clase: plastilina, folios, 1 caixa de panos, unha carpeta , bloc de debuxo e papeis de manualidades e tupper con palillos e gomas.

Todo o material debe vir identificado co nome de alumno.

Deben traer unha botella de auga co nome do alumno.

 Lembramos o uso obrigatorio da máscara e traer outra nun sobre para cambiar despois da parva. A maiores outro sobre por se houbese que gardar a máscara usada nel.

Dedicaremos os primeiros días a un periodo de adaptación ao colexio e coñecemento das normas a seguir debido ás novas medidas adoptadas pola situación na que nos atopamos.

Agradecemos de antemán toda a axuda e colaboración á vez que enviamos un cordial saúdo quedando á vosa disposición para o que precisedes.

Esther e Ana



mércores, 15 de xaneiro de 2020

ACTIVIDADES NO 1º TRIMESTRE

Canta actividade! Este curso estamos a facer un montón de obradoiros e traballos que nos están gustando moitísimo. Vamos a facer un resumo do que levamos de curso:

PESCA SEN MORTE

Visitounos David Arcay
El é 4 veces campión do mundo de pesca con mosca. Escoitamos  e debatimos sobre a importancia da pesca sen morte da que el é un fervente defensor. Falamos da importancia de conservar o medio ambiente e dos peixes que se atopan nos nosos ríos.
A continuación, comprobamos como lanzaba a cana e a dificultade do lance "cola de rata".




MEDRANDO EN IGUALDADE
 Tivemos unha charla sobre os estereotipos na sociedade a cargo de Rexenerando. Houbo un moi bo debate! Bravo!




ILLA FANTASÍA

Gozamos da visita dunha pirata moi especial, a capitá Marina, que deixou o seu galeón "Stella Maris" atracado en Sopazos e grazas ás indicacións dadas conseguiu chegar á nosa clase.

CLUB DAS LETRAS

O alumnado de 4º participa no club das letras. Limos un precioso libro titulado "Letras nos Cordóns"





OUTRAS ACTIVIDADES DE CLASE
Mirade que actividade máis bonita nos trouxo Marína da súa casa. A fixo coa súa familia para aprender o relevo de España. Noraboa!


Exposición de traballos feitos en Ciencias da Natureza:









CONTINUARÁ...









FIN DE CURSO E DUN CICLO