Este mes traballamos a filosofía na aula a través dun cadro de Francisco de Goya "Muchachos trepando a un árbol" pintado en 1791.
O diálogo é a ferramenta para a comunicación e participación, ao mesmo tempo que se exercita a escoita, a empatía e a valoración do outro. En filosofía o profesor fai preguntas abertas e, a través desta obra que iamos descubrindo por partes, se comentaba, opinaban, reflexionaban sobre o que vían, que facían os personaxes da imaxe ou que poderían sentir...
Ao remate da primeira sesión o alumnado completaba unha imaxe con parte do cadro descuberto, e aquí temos algunha mostra:
Filosofando, filosofando, chegamos a falar da cooperación, que era o valor que se quería traballar e pasamos ás habilidades de razoamento con preguntas como:
- Para cooperar que necesitamos?
- Se non se axudan que podería pasar?
E a continuación, en grupos de tres tiveron que inventar unha historia tendo como base o cadro de Goya.
A última sesión consistiu en avaliar dunha maneira distinta ao habitual: Pensar con cal das tres imaxes nos sentiamos máis identificados e xustificar a resposta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario