PRIMEIRO TRIMESTRE
MAZ'INSKY: Despois de estudar vida e obra de Kandinsky dimos cor a unhas mazás co seu estilo, chamándolles Maz'inskys.
MARCAPÁXINAS DE FROITAS
ARCHIMBOLDO: Investigamos sobre o pintor italiano que utilizou os alimentos e produtos da natureza para crear as súas impactantes obras.
BIBLIOTECA: Colaboramos para o Receitario de Outono coa Torta de castañas e Castañas asadas
ALMANAQUES DE PETO este ano coa temática da alimentación
SEGUNDO TRIMESTRE
Estudamos en que medida podiamos cambiar algúns hábitos para mellorar a nosa primeira comida do día, xa que tendemos a almorzar con alimentos pouco saudables que aínda que son moi enerxéticos conteñen poucos nutrientes.
Dimos un montón de ideas e opcións para un almorzo perfecto! que estiveron expostas no corredor e a final de curso recompilamos nun libro.
Outro libro que fixemos foi os das lambetadas Sí!Non soa nada saudable, verdade? pero damos moitas ideas para facelas moito máis sans.
Nas linguas traballamos receitas de cociña, comprensión lectoras sobre alimentación, analizamos noticias de xornais e folletos,...
REXISTRO DAS NOSAS PARVAS e GRÁFICAS. Na clase tamén integramos o PDI ao quefacer diario. Así recollimos datos sobre a nosa parva e elaboramos gráficas onde poidemos analizar se estabamos consumindo alimentos sans ou debiamos cambiar o noso hábito.
Traballamos as LEGUMES: investigamos en informática, pasamos toda a información recollida e fixemos un mural nun traballo grupal que rematamos en plástica con saborosos chícharos nas súas vaíñas.
PRATOS SAUDABLES para o ENTROIDO
Para celebrar o Día do Libro fixemos uns petiscos literarios que quedaron así de chulos.
PRATO DO MES: foi a nosa aportación a EDLG cun prato quentiño para o mes de xaneiro: POTAXE
e de sobremesa COMPOTA DE MAZÁ
No segundo trimestre visitamos o Gadis de Pontedeume para participar no seu programa ALIMENTES. A visita guiada tivémola grazas a Cris que moi amablemente nos foi mostrando as diferentes seccións do supermercado e falounos de hábitos de vida saudable e consumo responsable.
Tamén pedimos unha charla á Asociación de Celíacos de Galicia e co seu programa "Outra vaca no Millo" coñecimos a enfermidade celíaca, que alimentos teñen glute, como identificalos e que precaucións tomar cando temos amigos celíacos aos que invitamos a comer.
TERCEIRO TRIMESTRE
Non podiamos deixar de traballar un alimento base da nosa alimentación: o PAN.
Aprendimos o proceso de elaboración dende a sembra do cereal ata a nosa mesa, que traballos se fan no sector primario, no secundario e ata o terciario cando chega ás tendas para poder compralo.
O estudo de como facer pan levounos a investigar o pan integral, e por conseguinte, os beneficios dos alimentos integrais.
Tamén traballamos sobre un pan típico galego, como é a broa, que tan rico está coas sardiñas no San Xoán.
Visitamos a escola de Hostalería na que poidemos elaborar unha rica pizza poñendo toda a nosa arte no que estabamos estudando na clase e despois poidemos degustala.
Participamos no programa PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA
Outro aspecto que traballamos foi o impacto dos plásticos nos que veñen os alimentos no medio ambiente, fixemos entrevistas aos mariscadores e mariñeiros sobre o tema.
Na clase tamén xogamos e aquí podedes ver que para estudar os corpos xeométricos tamén os integramos no noso PDI. Este xogo consisste en facer maki (sushi) con dous palillos ao estilo xaponés e non é nada doado, traballando deste xeito a motricidade fina.
E para rematar fixemos unha exposición de todo o aprendido sobre o tema da alimentación nun gran mural e visitamos a Casa do Queixo, na que fixemos diferentes obradoiros nos que puxemos en práctica o aprendido na aula: obradoiro de la, visita a un muíño para que nos explicaran como se facía a moenda antigamente, envasado de froitas e elaboración de queixo.
Moi feliz verán! Merecido despois de tanto traballo!
Lembrade que Güino vos recomenda unhas lecturas de verán.
Pinchade no enlace: http://bibliocouceiro.blogspot.com/2019/06/para-ler-no-veran.html
Tamén podedes ler a revista ABRENTE do noso cole no seguinte ennlace:
Ningún comentario:
Publicar un comentario