venres, 28 de maio de 2021

PONTEDEUME, A NOSA VILA

Con motivo da celebración dos 750 anos da fundación de Pontedeume, o PDI deste ano está dedicado ao coñecemento da historia da nosa vila. 

MAPA PARROQUIAS

Como punto de partida, os nenos e nenas elaboraron un mapa do concello onde situaron cada unha das sete parroquias que o conforman e aprenderon as diferentes tipos de localidades.

VIDEOCONFERENCIAS E SAÍDAS

Realizamos dúas conferencias con Silvia, guía turística da vila, que nos permitiu facer un percorrido virtual pola historia de Pontedeume desde a súa fundación hai 750 anos ata o día de hoxe. Ademais, deunos a coñecer a heráldica da nosa vila e máis tarde o comprobamos nunha saída na que o pasamos moi ben.

ANIMAIS DO ESCUDO

Cando fíxemos a saída pola vila, a guía turística explicounos os elementos que había nos escudos importantes das fachadas dos diferentes edificios.

Se nos centramos no escudo de Pontedeume, uns dos elementos máis importantes que aparecen nel son os animais. O xabaril e o oso son os animais máis representativos da vila, polo que o alumnado elaborou unha ficha informativa coas características máis importantes de cada un deles. 

ESCUDOS

Con todo o aprendido ao longo destas semanas, os nenos e nenas crearon o seu propio escudo, dándolle significado a cada un dos seus apelidos. Ollade o resultado final!

RECEITAS GALEGAS

Co obxectivo de seguir achegando o alumado á cultura e ao patrimonio do concello realizaron unha receita de comidas e sobremesas  da cociña eumesa ou galega. Descubrimos que a nosa gastronomía é moi variada!

Que bonito traballo nos quedou! Noraboa polo esforzo!!



1 comentario:

FIN DE CURSO E DUN CICLO