Estimadas familias:
Benvidas ao curso escolar 2021/2022!
O xoves 9 comezan as clases e a continuación detallamos o que precisamos para ese día:
- Traerán o material da lista identificado co seu nome
- Parva para comer a media mañá
- Máscara de reposto
- NON precisan traer os libros, comezaremos a seguinte semana
- HORARIO: (copiado da Páxina web do centro)
O alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria entrarán polo portalón principal e o alumnado de 4º, 5º e 6º Educación Primaria polo portalón do pavillón. En tódolos casos recomendamos só un acompañante por neno/a e que non sexa unha persoa de risco. Agardaredes no peirao, fóra do recinto, ata que se vos chame. É obrigatorio o uso de máscara e respectar a distancia de seguridade.
Os horario de entrada son os seguintes:
Un membro do equipo directivo acompañará aos titores e titoras ata o portalón para recibirvos e darvos a benvida a o novo curso escolar.
GARANTIRASE O SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR NO HORARIO HABITUAL TANTO NAS ENTRADAS COMO NAS SAÍDAS, ASÍ COMO O COMEDOR.
Ningún comentario:
Publicar un comentario