INFORMACIÓN 2º EP INICIO CURSO ESCOLAR 2021-2022
1- Finalidade da información e aspectos xerais:
A finalidade deste escrito, que suple a reunión inicial do curso, é informar das características especiais do mesmo, seguindo o "Plan de adaptación a situación COVID-19 no curso 2021/2022", e establecer unha relación de colaboración que favoreza o proceso educativo do alumnado.
- Calendario Escolar. Festivos e vacacións:
Actividades lectivas: do 9 de setembro do 2021 ao 22 de xuño de 2022.
Nadal: 22 de decembro do 2021 ata o 7 de xaneiro de 2022, ambos inclusive.
Entroido: Do 28 de febreiro ao 2 de marzo.
Semana Santa: Do 11 ao 18 de abril, ambos inclusive.
Días non lectivos: Día do ensino declarado pola Xunta de Galicia: 11 de outubro de 2021.
Días de libre elección do centro: Pendente da aprobación por Inspección. O día proposto é o 16 de maio.
-Horario Escolar:
O horario escolar queda do seguinte xeito, adiantándose cinco minutos a saída, para evitar aglomeracións.
Entrada: 8:45 h.
Saída: 13:40 h.
Rogamos puntualidade para poder comezar as clases todos xuntos á hora e que estas non se vexan alteradas polas interrupcións.
Os titores ou especialistas permaneceremos nas aulas a partir das 8:30 h, para recibir ao alumnado que se traslade en transporte escolar, evitando a permanencia no patio ata o comezo das clases.
O resto do alumnado, que non use os autobuses para o seu traslado, chegará ao colexio entre as 8:30 h e as 8.45 h e subirá ás aulas seguindo as liñas correspondentes a EP, pola entrada principal.
Utilizaremos os seguintes tramos horarios para as actividades:
· Parva (merenda): 11:15 h -11:30 h.
· Recreo:11.30 h.-11:50 h. Os recreos serán no patio de abaixo no que participarán só 2º A-B, respectando os “Grupos Estables” utilizando as máscaras
· Hora de ler: 11:50 h.-12:05 h.
Tanto nas entradas como nas saídas hai que evitar as aglomeracións de persoas. Por iso, só deberá vir un acompañante por cada alumno ou alumna e será fundamental a puntualidade.
En canto o alumnado entre ou saia, as persoas acompañantes deben abandonar os arredores do centro para evitar a formación de grupos de persoas. Recomendámosvos que evitedes que os/as acompañantes sexan persoas de risco.
Apelamos á responsabilidade colectiva para que os grupos de convivencia estable teñan a maior efectividade posible.
O alumnado de 2º EP entrará polo portalón principal do colexio polo camiño sinalado para EP. Seguindo as frechas irá ata a súa aula.
Tanto ao entrar no edificio como ao chegar a aula realizarase unha desinfección de mans con xel hidroalcóholico.
O alumnado de 2ºEP sairá escalonadamente nos seguintes horarios pola porta pola que entrou:
2ºA 13:40h Porta principal
2ºB 13:40h Porta principal
IMPORTANTE: O alumnado de EP non poderá acceder ao recinto acompañado.
-Uso das Máscaras:
O uso de máscara será obrigatorio para todo o profesorado, persoal non docente e alumnado de EP.
O alumnado deberá utilizar máscaras cirúrxicas ou hixiénicas. Pola saúde de todos e todas é altamente recomendable que as máscaras ou os seus filtros estean homologados ou sigan a normativa correspondente. Deberán traer unha posta da casa e outra para cambiar logo de tomar a parva.
A máscara de recambio deberá vir gardada de xeito independente nun sobre de papel ou recipiente que cumpra as recomendacións do Ministerio de Sanidade. Deberán traer outro recipiente ou sobre como o anterior, para gardar a máscara se fose preciso nalgún outro momento da mañá.
A imposibilidade de uso de máscara deberá ser acreditada polo/a pediatra ou facultativo da persoa obrigada.
-Material Escolar:
O alumnado non compartirá o material de uso propio con ningún dos seus compañeiros e compañeiras. Disporá dun espazo diferenciado para o material de xeito que non poida ser manipulado por outros compañeiros.
NOVIDADE A PARTIRES DE MAÑÁ: Está permitido que queden os libros na clase e só se levarán para casa se deben rematar algunha tarefa. Tamén pode quedar o estoxo na aula se dispoñen de material na casa para cando o precisen.
Na clase quedarán material como tesoiras, pegamento, cadernos e carpetas de especialistas.
As mochilas escolares colgaranse nas cadeiras, ao igual que a roupa de abrigo, evitando o uso dos roupeiros.
-Libros no primeiro trimestre:
Para atender os diferentes contidos, que non puidemos abordar no terceiro trimestre do curso anterior, comezaremos repasando cos seguintes libros.
-Terceiro Trimestre de Lingua Castelá.
-Terceiro Trimestre de Pezas
Segundo vaiamos necesitando se pedirán os libros que están na casa.
-Grupos estables na aula:
Dentro da aula faremos grupos estables, seguindo a normativa vixente, de xeito que o alumnado se sentará sempre no mesmo posto e cos mesmo compañeiros e compañeiras, para o cal distribuiremos as mesas utilizando ao máximo o espazo da aula e, na medida do posible, agruparemos xuntos ao alumnado do comedor e transporte escolar.
-Ventilación e desinfección:
Faremos una ventilación da aula entre clase e clase e, sempre que tempo o permita, manteremos as ventás abertas. Igualmente faremos unha desinfección das mesas, seguindo o protocolo COVID19 establecido pola normativa vixente.
2- Áreas.
-Áreas:
O horario da distribución das diferentes materias no presente curso, será flexible e se adaptará as circunstancias actuais, priorizando as normas do protocolo establecidas pola administración do COVID19.
A distribución das áreas en sesións á semana é a seguinte:
Matemáticas: 5 sesións
Lingua castelá: 4 sesións
Lingua galega: 4 sesións
Ciencias sociais: 2 sesións
Ciencias da natureza: 2 sesións
Inglés/Francés: 2 sesións
Relixión/Valores sociais e cívicos: 2 sesións
Educación Física: 2 sesións
Educación artistica: Música e plástica: 2 sesión
Hai algúns cambios de profesorado con respecto ao curso pasado.
- E.F.: Roberto será o encargado de dar esta área en 2º A e Javier en 2º B
- Inglés: Mar continúa impartíndoa en 2º A e Cristina Vázquez en 2º B
- Francés: Impartida por Cristina Rodríguez
- Valores sociais e cívicos: pola titora en 2º A e por Javier en 2º B
- Música: impartida por Dolores
3.-Programa alerta escolar e outros:
-Alerxias:
En secretaria debe haber constancia das alerxias ou doenzas de cada neno ou nena. Na aula tamén se deixará a información correspondente, para que o profesorado especialista e substituto teñan coñecemento da situación sanitaria do alumnado.
É importante destacar que se no centro debe constar algún medicamento, este deberá permanecer no botiquín de medicamentos e firmar unha autorización para a administración dos mesmos.
Nas saídas escolares o profesorado acompañante levará a medicación, segundo a autorización correspondente.
-Axendas:
Ten que estar sempre na mochila. Serve de intercambio de información entre a familia e o profesorado e deben estar debidamente cubertas cos datos persoais. Se normalmente van en autobús e algún día veñen buscalos, é importante que se anote na axenda.
-Dereitos de imaxe:
Para poder sacarlles fotos ou vídeos aos nenos e nenas na aula e actividades do centro, ten que estar firmada a autorización correspondente. Se algún non dispón de dereito de imaxe, por favor facede constar que non o ten.
-Comedor:
O alumnado de Primaria asistirá na segunda quenda: 13:55h a 14:25h (40 min).
O comedor limparase e desinfectarase entre quenda e quenda, realizando unha ventilación de 15 minutos.
4- Metodoloxía de traballo. Avaliación:
-Medoloxía de Traballo:
A metodoloxía a empregar en 2º de Educación Primaria, terá en conta a atención á diversidade e o respecto polos distintos ritmos e estilos de aprendizaxe, mediante prácticas de traballo individual e cooperativo e será o máis dinámica e lúdica posible. Igualmente tratará de favorecer o desenvolvemento competencial dos alumnos e alumnas e partirá dos aprendizaxes máis simples para avanzar gradualmente cara a outros máis complexos.
Faremos una especial consideramos a atención ao benestar emocional dos nenos, nenas como un obxectivo prioritario nun primeiro momento, a calquera outro tipo de acción curricular e deste xeito facilitar que o alumnado estea nas mellores condicións.
Para garantir os contidos que non puidemos dar no terceiro trimestre do curso pasado, no primeiro trimestre deste curso iniciaremos temas que non se diron ou que requiren un repaso.
A nosa base de traballo partirá do respecto ás medidas preventivas do Plan de acollida, o Plan de continxencia e o Plan de adaptación á situación COVID19 no curso 2021-2022 do noso centro.
-Que valoramos á hora de avaliar?
Farase fincapé na responsabilidade de rematar as tarefas, coidar os materiais, participar nas actividades do grupo, socialización, autonomía, respecto das normas, habilidades sociais e hábitos da vida diaria en xeral.
Valoramos a aprendizaxe dos contidos, tendo presente o traballo diario e as actividades puntuais.
Hai tres avaliacións que se corresponden coas vacacións de Nadal, Semana Santa e Verán.
5.- Titoría:
A finalidade da titoría é favorecer a integración nos procesos de aprendizaxe, en colaboración coa familia, xa que a educación é un largo camiño que se inicia na casa e continúa no colexio, pero non se pode levar a cabo correctamente, se non hai un traballo común entre ambas partes, por iso se debe compatibilizar a educación familiar coa da escola, creando unha canle conxunta que fomente a aprendizaxe escolar.
Pola circunstancias actuais, de momento non se levaran a cabo titorías presenciais, salvo situacións excepcionais que así o requiran. As titorías farémolas vía telefónica como o curso pasado.
A educación familiar é a base que inflúe e sustenta o ensino formal e académico, razón pola cal desde a Titoría vos presentamos unhas suxestións de traballo que podedes levar a cabo dende a casa.
LECTURA:
LER DIARIAMENTE CON ELES/ELAS E PARA ELES/ELAS
Trátase de que escoitemos como len as nenas e nenos e que lles leamos nós, porque así colaboramos a evitar a:
· Falta de lectura comprensiva.
· Lenta velocidade lectora
· Unha entoación non axeitada.
ESCRITURA:
As tarefas que se rematan na casa, é importante que sexan supervisadas e orientar aos nenos e nenas cara á calidade dos seus traballos, xa que iso vai colaborar a que avancen na súa aprendizaxe.
Calquera problema, dúbida ou consulta, debe ser tratado directamente coa titora, para favorecer solucións axeitadas entre todos e todas.
Saúdos e grazas pola colaboración.
Pontedeume, setembro de 2021
TITORA DE 2º A: Esther Pereira
TITORA DE 2º B: Ana Souto
Ningún comentario:
Publicar un comentario