xoves, 19 de decembro de 2013

Güino recomenda este Nadal...

O primeiro trimestre está a piques de rematar, e dende Bibliocouceiro desexámosvos que pasedes unhas fantásticas vacacións.

Neste tempo de lecer de seguro atoparedes ratiños para estar en familia, xogar, descansar... e tamén para ler.

Así que, outro ano máis, elaboramos unha selección de lecturas para que podades gozar con elas.

Esperemos que vos gusten moito.

martes, 26 de novembro de 2013

ACUARIO. LIBRO DE POEMAS DE MARÍA CANOSA


ACUARIO. MARIA CANOSA - presentacion imagenes
O pasado venres fomos invitados á Casa da Cultura a ver unha representación baseada no libro de poemas Acuario de María Canosa. Aprendemos moito e pasámolo xenial. Esperamos con moita ansia a que nos volvan a invitar. 

mércores, 13 de novembro de 2013

CANCIÓN DOS PLANETAS. OLLO!! PLUTÓN NON, NON, NON!!


Hai anos Plutón tamén era un planeta. Actualmente só coñecemos oito planetas!!!
Recordade que modificamos a canción: Plutón ton ton ton  = Plutón non non non!!!
http://www.youtube.com/v/RQlAoG3q4fQ?autohide=1&version=3&showinfo=1&attribution_tag=bGf6wPd2qyiKP9I-Ic8ONg&autohide=1&autoplay=1&feature=share

mércores, 16 de outubro de 2013

APRENDO BOS HÁBITOS.



            Poñer a mesa.
       Vestirme sen axuda.
         Preparo un zume.
     Xogo cos meus amigos.
           Coido as plantas.

SABEMOS FACER MOITAS COUSAS!!!!

domingo, 28 de xullo de 2013

MATERIAL 2º E.P. CURSO 2013-2014

                            MATERIAL 2º EDUCACIÓN PRIMARIA. CURSO 2013-2014

1 caixa de ceras duras PLASTIDECOR ou similar de 12 ou 24 cores.

1 caixa de ceras brandas (DACS ou similar) de 12 ou 24 cores.

1 caixa de 12 rotuladores.

2 barras de pegamento.

3 lapis do nº 2 Staedtler.

3 gomas de borrar de nata.

1 afilalapis.

2 carpetas de gomas tamaño folio.

1 estoxo de tea con cremalleira.

1 caixa de panos de papel.

1 bolígrafo azul.

1 regra de 20 cm.

A libreta  e o  bloc de debuxo do curso pasado (quedaron sen rematar). Levaron para a casa a libreta e o bloc de debuxo para que vírades os traballos feitos durante o curso pero en setembro veñen de volta ao colexio para rematalos en segundo.

IMPORTANTE: serve todo o material do curso pasado se está en bo estado (rotuladores, carpetas,...). Todo o material debe traer o nome do alumno/a.

MATERIAL PARA INGLÉS:

1 carpeta de gomas tamaño folio.

MATERIAL PARA RELIXIÓN:

1 carpeta de gomas tamaño folio .

MATERIAL PARA FRANCÉS:

1 arquivador grande de dúas argolas.

1 libreta de espiral tamaño folio raiada.

martes, 18 de xuño de 2013

venres, 7 de xuño de 2013

REUNIÓN FIN DE CURSO

QUERIDAS FAMILIAS:
O MARTES 11 DE XUÑO ÁS 16:30 H. FAREMOS A REUNIÓN DE FIN DE CURSO.
FAREMOS UN RESUMO DE CONTIDOS, SAÍDAS, TRABALLOS, RECOMENDACIÓNS DE VERÁN, ETC.
OS/AS NENOS/AS LEVAN HOXE A NOTA DA REUNIÓN.

mércores, 3 de abril de 2013

FÁBULAS

Aquí tenéis  la fábula "El pastor mentiroso" que leímos en clase y alguna más. Son fábulas porque  además de contarnos una historia, nos enseñan una lección.
 
 
 
 

 
 


FIN DE CURSO E DUN CICLO