martes, 30 de abril de 2019

MAIOS 2019


O vindeiro día 30 de abril, celebramos no colexio a festa dos Maios e o 1 de maio o Concello convoca o concurso anual dos Maios, que podedes ver no cartel de máis abaixo.
Nesta ocasión faremos un maio 1º,2º e 3º de Ed. Primaria e interpretaremos unha fermosa cantiga de Luis Emilio Batallán que fixo para o marabilloso poema de Manuel Curros Enríquez "O Maio" do seu libro "Aires da Miña Terra"
Aquí vos deixo a letra e un vídeo da canción, para que vaiades practicando. Tamén podedes velo todos estes días na columna da esquerda
Ánimo rapaciñ@s!!!




O MAIO

Aí vén o maio

de frores cuberto ...
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.


Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvos o probe
do pobo galego:
pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno! ...



Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá entonces
o maio que eu quero ...



Queredes castañas
dos meus castiñeiros? ...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.


Poema: Manuel Curros Enríquez ("Aires da miña terra")
Música: Luis Emilio Batallán

luns, 8 de abril de 2019

COÑECEMOS A ENFERMIDADE CELÍACA

O xoves 4 de abril coñecimos un pouco mellor en que consiste a enfermidade celíaca

Grazas a Dámaris e a vaca Paca aprendimos en que consiste esta enfermidade, cales son os síntomas e como deben actuar as persoas que a padecen para que o gluten non lles faga dano no organismo.

Tras asistir a actividade todos e todas agora xa coñecemos como debemos actuar se comemos cunha persoa celíaca, cales son os alimentos que poden comer sen preocupación, como os lácteos ou a froita, entre outros, e como identificar cando vamos a mercar que productos están libres de gluten e cales non. 

Acordádevos do dano que pode facer un só gran de gluten a unha persoa celíaca!






FIN DE CURSO E DUN CICLO