mércores, 15 de xaneiro de 2020

ACTIVIDADES NO 1º TRIMESTRE

Canta actividade! Este curso estamos a facer un montón de obradoiros e traballos que nos están gustando moitísimo. Vamos a facer un resumo do que levamos de curso:

PESCA SEN MORTE

Visitounos David Arcay
El é 4 veces campión do mundo de pesca con mosca. Escoitamos  e debatimos sobre a importancia da pesca sen morte da que el é un fervente defensor. Falamos da importancia de conservar o medio ambiente e dos peixes que se atopan nos nosos ríos.
A continuación, comprobamos como lanzaba a cana e a dificultade do lance "cola de rata".




MEDRANDO EN IGUALDADE
 Tivemos unha charla sobre os estereotipos na sociedade a cargo de Rexenerando. Houbo un moi bo debate! Bravo!




ILLA FANTASÍA

Gozamos da visita dunha pirata moi especial, a capitá Marina, que deixou o seu galeón "Stella Maris" atracado en Sopazos e grazas ás indicacións dadas conseguiu chegar á nosa clase.

CLUB DAS LETRAS

O alumnado de 4º participa no club das letras. Limos un precioso libro titulado "Letras nos Cordóns"





OUTRAS ACTIVIDADES DE CLASE
Mirade que actividade máis bonita nos trouxo Marína da súa casa. A fixo coa súa familia para aprender o relevo de España. Noraboa!


Exposición de traballos feitos en Ciencias da Natureza:









CONTINUARÁ...









FIN DE CURSO E DUN CICLO