mércores, 26 de novembro de 2014

EXCURSIÓN A BONILLA

     Mirade que ben o pasamos na fábrica de patacas fritas Bonilla no polígono de Sabón.
     Aprendemos moitas cousas. Xa veredes que grandes eran os sacos nos que veñen as patacas.
     Vimos como as cortaban e como se fritían nunhas freidoras súper grandes. Despois enchíanse en paquetes e almacenábanas!!! Había un montón de caixas listas para sair nos camións!!! Tamén teñen gusanitos, churros, chocolate,...
     Despois fomos merendar a un parque que hai na praia de Sabón e como o tempo nos acompañou pasámolo xenial!!!!

1 comentario:

  1. Se lo pasaron genial!! Claudia llegó encantada y contando muchas cosas! Gracias

    ResponderEliminar

FIN DE CURSO E DUN CICLO