xoves, 6 de xuño de 2019

VISITAMOS A ILLA FANTASÍA

O pasado 31 de maio viaxamos a Sada a visitar a Illa Fantasía, como actividade final do proxecto que levamos a cabo ao longo de todo o curso para a mellora, entre outras moitas cousas, da lectura e a escritura.

Alí vimos algúns dos traballos que realizamos ao longo do proxecto e puidemos ver en persoa aos personaxes que nos acompañaron nesta aventura, como Tatanka Ska ou o Mago Alfa entre outros... ademais, cantamos, bailamos, tivemos regalos pola nosa participación en Illa Fantasía e sobre todo pasamos un día diferente e sobre todo divertido.

Aquí deixamos algunhas instatáneas do ben que o pasamos!


























martes, 28 de maio de 2019

FILOSOFÍA NA AULA

Este mes traballamos a filosofía na aula a través dun cadro de Francisco de Goya "Muchachos trepando a un árbol" pintado en 1791.

O diálogo é a ferramenta para a comunicación e participación, ao mesmo tempo que se exercita a escoita, a empatía e a valoración do outro. En filosofía o profesor fai preguntas abertas e, a través desta obra que iamos descubrindo por partes, se comentaba, opinaban, reflexionaban sobre o que vían, que facían os personaxes da imaxe ou que poderían sentir... Ao remate da primeira sesión o alumnado completaba unha imaxe con parte do cadro descuberto, e aquí temos algunha mostra:













Filosofando, filosofando, chegamos a falar da cooperación, que era o valor que se quería traballar e pasamos ás habilidades de razoamento con preguntas como:
  • Para cooperar que necesitamos?
  • Se non se axudan que podería pasar?
E a continuación, en grupos de tres tiveron que inventar unha historia tendo como base o cadro de Goya.








A última sesión consistiu en avaliar dunha maneira distinta ao habitual: Pensar con cal das tres imaxes nos sentiamos máis identificados e xustificar a resposta.


venres, 24 de maio de 2019

SAÍDA Á ESCOLA DE HOSTALARÍA NO IES FRAGA DO EUME

Unha mañá superdivertida onde traballamos os conceptos aprendidos na clase: A elaboración de masa para chegar a ser unha pizza deliciosa!!! Uuuummm!
Moitísimas grazas aos profes e alumnos/as do IES FRAGA DO EUME por estar con nós amasando e explicándonos todo o proceso de elaboración e polas mesas que nos tiñades preparadas para despois degustar a pizza e unha bebida que nos gustou moito!!

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA!!

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA é o obradoiro que realizamos os nenos de 3º que forma parte do Plan Proxecta: Aliméntate ben.
Ter unha dieta rica e equilibrada é fundamental para creer. Levar unha alimentación adecuada, completa e variada dá a enerxía necesaria para facer o que che gusta durante todo o día.
Neste obradoiro aprendimos que os nosos bocadillos poden ser moi diferentes se xunto cunha gran variedade de alimentos vexetais, lácteos, .. tamén incluímos especies mariñas en conserva (mexillón, caballa, atún, ...)
Tamén nos regalaron unhas gorras, un chaveiro e un folleto, onde podemos ver os 10 bocadillos máis enerxéticos e ata  se fixo unha gravación cun casco con cámara, que foi moi divertido e vimos como é unha batea por debaixo.



martes, 30 de abril de 2019

MAIOS 2019


O vindeiro día 30 de abril, celebramos no colexio a festa dos Maios e o 1 de maio o Concello convoca o concurso anual dos Maios, que podedes ver no cartel de máis abaixo.
Nesta ocasión faremos un maio 1º,2º e 3º de Ed. Primaria e interpretaremos unha fermosa cantiga de Luis Emilio Batallán que fixo para o marabilloso poema de Manuel Curros Enríquez "O Maio" do seu libro "Aires da Miña Terra"
Aquí vos deixo a letra e un vídeo da canción, para que vaiades practicando. Tamén podedes velo todos estes días na columna da esquerda
Ánimo rapaciñ@s!!!




O MAIO

Aí vén o maio

de frores cuberto ...
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.


Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvos o probe
do pobo galego:
pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno! ...



Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá entonces
o maio que eu quero ...



Queredes castañas
dos meus castiñeiros? ...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.


Poema: Manuel Curros Enríquez ("Aires da miña terra")
Música: Luis Emilio Batallán

luns, 8 de abril de 2019

COÑECEMOS A ENFERMIDADE CELÍACA

O xoves 4 de abril coñecimos un pouco mellor en que consiste a enfermidade celíaca. 

Grazas a Dámaris e a vaca Paca aprendimos en que consiste esta enfermidade, cales son os síntomas e como deben actuar as persoas que a padecen para que o gluten non lles faga dano no organismo.

Tras asistir a actividade todos e todas agora xa coñecemos como debemos actuar se comemos cunha persoa celíaca, cales son os alimentos que poden comer sen preocupación, como os lácteos ou a froita, entre outros, e como identificar cando vamos a mercar que productos están libres de gluten e cales non. 

Acordádevos do dano que pode facer un só gran de gluten a unha persoa celíaca!






martes, 12 de febreiro de 2019

ENTROIDO 2019

Parabéns a toda a clase e ás vosas familias por facer uns disfraces tan bonitos!!
Quedaron uns pratos saudables espectaculares e pasámolo moi ben !!



 Estimadas familias:

   O próximo venres 01 de marzo celebraremos o Entroido, e pedimos a vosa colaboración para a realización dos disfraces.  Como ben sabedes, este ano estamos a traballar sobre o PDI “Bo Proveito”. Así pois, a temática escollida será “Un prato saudable”.

   Seguindo os modelos das fotografías, o disfrace consistirá en facer un prato saudable que vós decidades, utilizando os materiais que consideredes oportunos.

    O prato será só para a parte dianteira e irá colgado aos ombros. No colexio completaremos o disfrace facendo as culleres e os garfos para levar nas mans.

    O día do entroido terán que traer roupa escura, para que o prato resalte sobre o corpo. O alumnado que o teña listo antes do venres 1 de marzo poderá traelo ao colexio para gardalo aquí.

    Moitas grazas pola vosa colaboración.






   Tamén vos deixamos un vídeo da canción que  utilizaremos para a nosa actuación.
   É unha canción que seguro coñecedes, agora teremos que cociñar unha nova letra para o noso entrodio.
   Agardamos que vos guste.



FIN DE CURSO E DUN CICLO