xoves, 13 de febreiro de 2014

DISFRAZ DE MAGO. Esperade a recibir unha nota dos titores!!!


Como di o titular, esperade a recibir unha nota dos titores xa que moitos dos complementos do disfraz os faremos na clase. Estas imaxes simplemente son para que botedes unha ollada para ir buscando a roupa, a capa, a chisteira,...
Fixádevos no pantalón, capa, chisteira, camisa,... Recordade que a cinta da chisteira, a paxariña e a variña farémolas na aula.

Mandarémosvos unhas cartas feitas polos nenos/as para que as coloquedes por dentro da capa.
Como podedes ver, a maioría van vestidos de negro, pero tal como pon na notiña, podedes facer outras combinacións coa roupa, capa e chisteira se non vos é doado atopar esta cor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

FIN DE CURSO E DUN CICLO