martes, 15 de setembro de 2020

Benvidos ao blog de 1º

 


Estimadas familias:

As titoras de 1º, Esther e Ana, queremos darvos a benvida e desexarvos que sexa un gran curso, a pesar de que as circunstancias oblígannos a realizar moitos cambios nas rutinas diarias pero estamos convencidas  que se desenvolverá da maneira máis proveitosa posible.

Debido a que o noso sistema de mensaxería todavía non está operativo para as titorías utilizaremos este blog para as primeiras informacións sobre o material a traer estes días. Calquera dúbida escribide ao correo escolaferrado@gmail.com

O horario do curso xa llo entregamos aos nenos e nenas o primeiro día e traerán os libros ou material da materia que lle corresponda.

Co libro de matemáticas ven un caderno con moedas  que de momento non é necesario traer. Máis adiante o pediremos.

O libro de lingua castelá traerase o día que toque.

Por último, temos o libro globalizado que inclúe lingua galega, ciencias da natureza e ciencias sociais.

Todos os días deben traer na mochila a axenda, unha carpeta de gomas e os libriños de “Leo ben” e “Escribo ben”. Deixamos para máis adiante o caderno de dobre pauta que se pediu.

A continuación pasamos a detallar o material dos especialistas:

Inglés: Traerán o libro e caderno dentro dunha carpeta.

Francés: Unha carpeta cun caderno.

Música: Traerán unha carpeta para gardar as fichas da materia.

E.F. Traerán un neceser con toallitas e unha camiseta de reposto por se súan moito.

Relixión: unha carpeta cun caderno dentro.

Poden ir traendo o material que quedará na clase: plastilina, folios, 1 caixa de panos, unha carpeta , bloc de debuxo e papeis de manualidades e tupper con palillos e gomas.

Todo o material debe vir identificado co nome de alumno.

Deben traer unha botella de auga co nome do alumno.

 Lembramos o uso obrigatorio da máscara e traer outra nun sobre para cambiar despois da parva. A maiores outro sobre por se houbese que gardar a máscara usada nel.

Dedicaremos os primeiros días a un periodo de adaptación ao colexio e coñecemento das normas a seguir debido ás novas medidas adoptadas pola situación na que nos atopamos.

Agradecemos de antemán toda a axuda e colaboración á vez que enviamos un cordial saúdo quedando á vosa disposición para o que precisedes.

Esther e Ana



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Despedímonos ata setembro. Se vós apetece ler no verán, pulsade en BIBLIOCOUCEIRO, e alí atoparedes unha selección de libros para este perio...