mércores, 8 de setembro de 2021

BENVIDOS AO CURSO 2021/2022

 Estimadas familias:

Benvidas ao curso escolar 2021/2022!

O xoves 9 comezan as clases e a continuación detallamos o que precisamos para ese día:

  • Traerán o material da lista identificado co seu nome 
  • Parva para comer a media mañá
  • Máscara de reposto
  • NON precisan traer os libros, comezaremos a seguinte semana
  • HORARIO: (copiado da Páxina web do centro)

O alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria entrarán polo portalón principal e o alumnado de 4º, 5º e 6º Educación Primaria polo portalón do pavillón. En tódolos casos recomendamos só un acompañante por neno/a e que non sexa unha persoa de risco. Agardaredes no peirao, fóra do recinto, ata que se vos chame. É obrigatorio o uso de máscara e respectar a distancia de seguridade. 

Os horario de entrada son os seguintes:

CURSO

ENTRADA

SAÍDA

PORTA

6º  E.P

8:45

13:45

PAVILLÓN

5º  E.P

9:05

13:40

4º  E.P

09:25

13:35

09:45

13:45

PRINCIPAL

10:05

13:40

10:25

13:35

 

Un membro do equipo directivo acompañará aos titores e titoras ata o portalón para recibirvos e darvos a benvida a o novo curso escolar. 

GARANTIRASE O SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR NO HORARIO HABITUAL TANTO NAS ENTRADAS COMO NAS SAÍDAS, ASÍ COMO O COMEDOR.

BO COMEZO DE CURSO!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

FIN DE CURSO E DUN CICLO